*
Inicio Español Galego
BRAÑAS   FOLK
OBRADOIRO - ESCOLA

CONTACTO:
616 314 864


manuel@branhasfolk.com


VIOLAS OVAIS

Son instrumentos de corda fretada cun arco. Teñen forma oval, que é unha das primeiras formas que aparece no conxunto de instrumentos medievais europeos, mantendose ata comenzo do século XV.

En Ourense atopamos cinco instrumentos deste tipo co algunha diferencia entre eles. O numero tan avultado de representacións que hai probablemente indica a popularidade que tiñan naquela época.

Teñen 3 ou 5 cordas
3 cordas: ancián 10
5 cordas: anciáns 1, 7, 9 e 24.


ANCIAN 1
ANCIAN 7
ANCIAN 9
ANCIAN 10
ANCIAN 24

FRAUTAS

É o único instrumento de vento que se encontra no Pórtico, de uso moi frecuente na época prerrománica e románica.

As dúas frautas que aparecen no Pórtico só se diferencian na lonxitude -unha é mais pequena cá outra-. Teñen tres buratos, parecidos ós chistos vascos e frautas de tres buratos que atopamos na provincia de Zamora.

ANCIAN 2

HARPA SALTERIO

É un instrumento de corda pulsada. Chámase así porque a súa forma triangular asemellase a un salteiro aínda que neste caso as cordas van colocadas por ámbolos lado, sen embargo confúndese a miudo cunha harpa nas esculturas pola forma de ser sostida para tocala.

Debeu ser moi popular na España medieval pola frecuencia con que aparece nas esculturas e nas ilustracións máis antigas que representan músicos con este instrumento, desaparecendo a finais do século XIV.

En Ourense atopamos dúas harpas -salterio diferentes tanto pola forma como polo o número de cordas.

Teñen 11 ou 12 cordas.
11 cordas: ancián 4
12 cordas: ancián 13.

ANCIAN 4
ANCIAN 13

VIOLAS EN OITO

Son instrumentos de corda fretada cun arco.

As representacións destes instrumentos nos diferentes pórticos españois e pouco frecuente, caendo en desuso polo ano 1200.

A forma en oito destas violas débese a que o seu corpo esta formado por dous círculos unidos. Esta forma e moi abundante nos instrumentos de corda medievais, atopámola por exemplo no organistrum.

No Pórtico de Ourense hai representadas catro violas deste tipo.

Teñen 3 ou 4 cordas.
3 cordas: ancián 16
4 cordas: anciáns 5, 14 e 19.

ANCIAN 5
ANCIAN 14
ANCIAN 16
ANCIAN 19

SALTERIOS

Son instrumentos de corda pulsada con plectro.

Aparecen a miudo citados nos texto medievais e tamén con igual frecuencia atopámolos nas representacións escultóricas e ilustracións; todo isto indica a popularidade do instrumento que ademáis tivo unha aceptación do decurso de moitos anos.

Ourense conta con tres representacións deste instrumento de forma triangular. Están sostidos polos anciáns en posición vertical ó xeito dunha arpa.

Teñen 10 ou 14 cordas.
10 cordas: anciáns 6 e 8
14 cordas: ancián 15.

ANCIAN 6
ANCIAN 8
ANCIAN 15

HARPAS

Son instrumentos de corda pulsada. En Ourense atopamos dúas harpas tipicamente medievais de pequeno tamaño e forma triangular. Este é un dos instrumentos máis antigos que se coñece, temos constancia de que isto é asi polas representacións que aparecen nas camaras funerarias de Exipto. nos baixorrelevos de Babilonia e na Andalucía árabe.

As dúas harpas son casi iguais, están decoradas no extremo do caravilleiro con motivos de cabezas de animais, aínda que éstes son diferentes.

Teñen 11 ou 12 cordas.
11 cordas: ancián 21
12 cordas: ancián 17.

ANCIAN 17
ANCIAN 21

ORGANISTRUM

De tódolos instrumentos esculpidos no Pórtico sobresae o Organistrum.

É un instrumento de corda fretada por unha roda untada con resina.

Aparece nos pórticos españois e europeos polo século XII.

Como novidade aparece unha roda que sustitúe o arco ou o plectro, esta roda faise xirar coa axuda dun manubrio situado no extremo do instrumento que leva a roda, tamén ten un longo mastro provisto de teclas, o gran tamaño que leva a roda, tamén ten un longo mastro provisto de teclas, o gran tamaño do instrumento crea a necesidade de dúas persoas para o seu manexo.

A súa orixe é incerta, pero crese que foron os peregrinos os que trouxeron a Galicia.

En Ourense hai unha soa representación deste instrumento. Esta sostido polos anciáns 11 e 12 situados na parte superior do Pórtico.

Ten forma en oito aínda que os dous círculos non son iguais.

Aíndas que na escultura observanse catro cordas, nos fixemos dúas reproduccións, unha con catro cordas e outra con tres, comprobamos que había unha maior uniformidade na sonoridade das cordas no organistrum que tiña tres.

ANCIAN 11, 12

LAÚDE

Son instrumentos de corda pulsada por plectro.

En Ourense só hai unha representación deste instrumento. A súa forma circular (diferente ós que aparecen na Catedral de Santiago), o caravilleiro inclinado cara atrás e a tapa que é de madeira (isto sabémolo pola presencia de buratos sonoros), fainos pensar que a súa procedencia é do sur, por ter semellantes características os laúdes introducidos en Europa polos árabes.

O Laúde ourensan ten catro cordas.

ANCIAN 23
 © Brañas Folk  ACV Galaica