*
Inicio Español Galego
BRAÑAS   FOLK
OBRADOIRO - ESCOLA

CONTACTO:
616 314 864


manuel@branhasfolk.com

Brañas Folk

Manuel Brañas: gaita, arpa, wistle e zanfoña. A súa laboura comeza no estudo da construcción de instrumentos populares no Obradoiro da Deputación de Lugo, e ó mesmo tempo instrúese no manexo dos mesmos. Posteriormente desempeña unha función docente como director da Escola de Gaitas da Deputación de Ourense, compaxinando este traballo coa construcción de instrumentos no Obradoiro deste Organismo , do que na actualidade é o seu director.

Ana do Souto: Voz.

José Antonio Blanco: comeza os estudos de guitarra no conservatorio de Ourense, rematando o superior de guitarra no Conservatorio de Vigo. Actualmente é profesor de música de secundaria.

Olga Brañas: (teclados, piano, pandeireta, pandeiro),comezou os seus estudos musicais no Conservatorio Profesional de Ourense e rematou o Grado Profesional de piano no Conservatorio de Santiago de Compostela. Formou parte da Agrupación do Folklore Tradicional Ourensán. Constribue a este proxecto coa composición e arranxos dalgúns temas, tanto do primeiro coma do segundo traballo discográfico desta formación.

Aser Álvarez: (Percusión e Batería), ten unha longa traxectoria musical como compoñente e colaborador de numerosos grupos, como Burgas Beat.

Leonardo Blanco: (Violín), comeza os seus estudos no Conservatorio de Ourense, remata a carreira de violín no Conservatorio Superior de Música de Oviedo con profesores dos "Virtuosos de Moscú". Actualmente é profesor de Violín no Conservatorio Superior de Vigo.

Isidro García: (Acordeón), comenzou os seus estudios no Conservatorio de Pontevedra e rematou o Grado Superior de Acordeón en Madrid.

Eduardo Balvís: colaborou con distintos músicos ourensáns.


Brañas Folk
 © Brañas Folk  ACV Galaica