Este ano celébrase o 800 anos do nacemento do rey Alfonso X e con este motivo o Consello da Cultura Galega organizou unha exposición sobre a figura de Alfonso X en Galiza, o Obradoiro de Instrumentos da Deputación participa nesta exposición con varios instrumentos, unha rota, un organistrum do Pórtico do Paraíso da Catedral de Ourense e unha zanfona das Cantigas de Santa María de Alfonso X. Esta exposición ubícase no Centro Cultural Marcos Valcárcel ata finais de agosto. O Obradoiro quere sumarse a esa conmemoración cunha gravación dun vídeo donde se empregan instrumentos do Pórtico do Paraiso e das cantigas de Alfonso X, todos eles construídos neste Obradoiro. As cantigas de Santa María escritas en Galaicoportugués son unha das coleccións máis importantes da literatura medieval occidental, contando con máis de 400 cantos a Virxen María e un número moi importante de instrumentos como zanfonas, salterios, laudes, cítaras, arpas, gaitas e moitos outros. Destaca para Galiza a Cantiga 77 Santa María de Lugo que é a que gravamos pra este vídeo. Salterio e Laúd: Pancho Álvarez. Gaita Cantigas: Manuel Brañas. Arpa Pórtico Paraiso: Carlos Castro. Zanfoña Cantigas: Guillermo Brañas. Pandeiro: Olga Brañas.
|