*
Inicio Español Galego
BRAÑAS   FOLK
OBRADOIRO - ESCOLA

CONTACTO:
616 314 864


manuel@branhasfolk.com

» Concerto didáctico e Máster Class sobre Duduk o 2 de abril
Con motivo da entrega de diplomas do curso 2023-24 do Obradoiro de Instrumentos da Deputación de Ourense impartido por D. Manuel Brañas e Xosé Maceda  próximo 2 de abril haberá un curso sobre o instrumento DUDUK en horario de 12h a 18h e as 19,30h será o concerto de  de Hovhannes Karakhanyan
Todo gratuito.
En descargas se pode ver e baixar:
Modelo pra asistir o curso.
Cartel do curso e concerto.
Biografia de Hovhannes Karakhanyan 
Enviado por branhasfolk o 11 de Marzo do 2024 ás 22:46
» Pancho Alvarez presenta o 12 de decembro as 19,45h a O cego dos Vilares
Pancho Älvarez presenta o próximo martes día 12 de decembro, ás 19,45h no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, o documental "Florencio Löpez, o cego dos Vilares". Esta actividade de Nadal está organizada polo Obradoiro de Instrumentos populares da Deputación de Ourense.
Ao remate da proxección haberá un pequeno coloquio e concerto onde Pancho estará acompañado polas violinistas Begoña Riobó e María Jorge.
En descargas se pode ver e descargar unha sinopsis sobre o documental e vida do cego dos Vilares.  
Enviado por branhasfolk o 04 de Decembro do 2023 ás 22:20
» Actuación de BrañasFolk no San Martiño ó 11-11-23 Pza Mayor Ourense
Ö dia 11 de novembro (San Martiño)  as 19h  na praza Mayor de Ourense (magosto 2023) actuará BrañasFolk cos convidados Vanesa Muela e Manuel Souto.
Enviado por branhasfolk o 02 de Novembro do 2023 ás 22:13
» Actuación Brañas Folk en A Valenza xoves 20 de xullo 2023

Actuación  o xoves 20 de xullo 2023 de Brañas Folk as 21 horas dentro do programa Cultural de Barbadás  " Os xoves son cultura". Será  no Parque dos Patos,  A VALENZÁ.

En descargas se pode ver e descargar  o cartel da actuación.

Enviado por branhasfolk o 07 de Xullo do 2023 ás 11:22
» Concerto didáctico o 6 de xuño no Centro Cultural Marcos Valcárcel Ourense
 
Concerto didáctico o 6 de xuño as 19,45h. no salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense, con motivo da entrega de diplomas do curso 2022-23 do Obradoiro Escola de Instrumentos Musicais, impartidos por D. Manuel Brañas e Xosé Maceda.
A continuación Abraham Cupeiro presentará no Resoando no Pasado unha colección de instrumentos musicais antiguos.
En descargas se pode ver e descargar unha amplia información de concerto. 
Enviado por branhasfolk o 22 de Maio do 2023 ás 22:18
» Concerto de Lubicáns o 15 de decembro ás 20h no centro Marcos Valcárcel de Deputación
Concerto didáctico polo grupo Lubicáns o 15 de decembro as 20h. "Historias dos instrumentos musicais na tradición galega" no salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación, programado polo Obradoiro de instrumentos musicais da Deputación de Ourense, como actividade do Nadal.
En descargas se pode ver e descargar o cartel con mais información. 
Enviado por branhasfolk o 06 de Decembro do 2022 ás 22:24
» Concerto de Brañas Folk ó 11 de novembro na Praza Mayor as 19h.
Concerto de  Brañas Folk ó próximo 11 de novembro venres as 19h na Praza Mayor de Ourense. Este concerto contará cos convidados a o Orfeón Treixadura e a Pancho Alvarez.
Enviado por branhasfolk o 02 de Novembro do 2022 ás 19:55
» Recorte de prensa sobre o Obradoiro de Instrumentos musicais da Deputación Ourense
En descargas se pode ver e baixar o recorte de prensa sobre o Obradoiro de Instrumentos musicais da Deputación na que aparecen alumnos do curso.
Enviado por branhasfolk o 24 de Outubro do 2022 ás 21:59
» Concerto de Brañas Folk sábado 22 outubro as 17h no Castelo de Monterrei
Concerto de Brañas Folk na I festa da vendimia da villa de Monterrei no Castelo de Monterrei ó sábado 22 as 17h.
En descargas se pode ver e descargar o cartel do evento.
 
Enviado por branhasfolk o 20 de Outubro do 2022 ás 20:27
» Planos do organistro
En descargas están os planos do organistro que  se pode ver nun vídeo en Brañas Folk "godaxe" Cantiga 215.
 A reconstrucción, Pórtico do Paraiso da Catedral de Ourense Siglo XIII. Feito nos cursos do Obradoiro-escola de instrumentos musicais da Deputación de Ourense. Coordinados por Manuel Brañas no 2019 foron:
Alejandro Dapena, Carlos Castro, Eloi Dávila, Luis Borrajo, Manuel Fernandez, Octavio Gavilán, Pedro Cao, Ventura Rodriguez e Xan Losada baixo a dirección de Luciano Pérez. 
Enviado por branhasfolk o 16 de Septembro do 2022 ás 17:06
Ver todas as noticias
 © Brañas Folk  ACV Galaica